martes, 28 de febrero de 2012
O decrecemento
Penso que iste home debería ser escoitado polos nosos gobernantes para que entren en razón. Estou totalmente de acordo, coma outros moitos espero, con que nada ten porque ser extremista pero si que haxa un certo equilibrio para unha mellor sociedade.
Tamén é certo que non só o goberno é o responsable senón que nos mesmos temos que ser conscientes dos nosos actos. Aínda que sen esa axuda pouco poderiamos facer xa que digamos que son eles quenes nos controlan mediante a publicidade, a caducidade (programada),…das cousas que mercamos.
Non estamos valorando o que temos e como dicen por ahí “un non se da conta do que ten ata que o perde”. Chamoume moito a atención que ao longo da conferencia usa moitas metáforas e exemplos moi bos que se me grabaron na mente, que realmente mostran o que estamos a facer. Creo que todo o mundo debería ouvilos e a raíz deles actuar en consecuencia e os primeiros en ouvilos tiñan que ser os políticos. É necesario reducir os gastos, temos que apoiar as enerxías renovabes. O goberno ten que facer que a sociedade, todos nos, fagamos funcionar esta idea para combatir o capitalismo.
Quedan recursos non renovables para X años (moi poucos). Dirixímonos cara un acantilado cada vez máis rápido e sen freos, temos que parar. Entre todos PODEMOS.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario