Un terrible problema que ten que
ser combatido como sexa neste planeta é o dos incendios forestais. Escollín
esta imaxe porque é un problema que temos nos mesmos, aquí en Galicia hai moitísimos
incendios que arrasan os nosos montes cada ano. E o peor de todo é que o 96% deles son
provocados polo home, ¿en que cabeza cabe facer isto? É de TOLOS. Non so é que
perdamos unhas bonitas paisaxes, matamos ós animais que viven neste ambiente, favorecese ás riadas ao non haber vexetación, tamén se contamina cos gases que
proveñen da queima e aínda por riba perdemos árbores que son sumidoiros de eses
gases. Un auténtico desastre!
Pedro, tes toda a razón pero que isto este sucedendo en Galicia como no resto de España débese a que por facer tales fins hai unha compesación económica; e iso é verdaderamente triste
ResponderEliminarÉ verdade, teño ouvido historias de xente que o facía para poder ter traballo no verán. Esto debería correxirse cun duro castigo.
ResponderEliminarEsto ocurre porque en moitos casos a xente non lles importa o máis mínimo o bosque porque na maioría dos casos non saben o que fan e creen que o bosque non fai falla e o que fan falta son zonas para urbanizar e por iso o bosque e un "dano aceptable" xa que "promoven" o emprego das constructoras e conseguen novas vivendas para a xente, pero... a que prezo.
ResponderEliminar